Bobinas P4G
  • Login
  • Public

    • Public
    • Groups
    • Popular
    • People

Notices by Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)

  1. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Monday, 10-Feb-2025 19:17:18 UTC Yovi Yovi

    Boas! Sei que vai ser imposible, pero estou preparando as probas de acceso a ciclo superior e a parte de matemáticas non a entendo para nada, aparte que nunca fun boa nelas e non fixen bacharelato, entón fáiseme unha bola enorme.
    Gustaríame que alguén me puidese axudar aínda que fose pouco, toda axuda é benvida. Económicamente ando moi xusta porque non traballo actualmente, así que se pode ser gratuitamente mellor que mellor. Convido a algo pola axuda iso si😌
    Grazas de antemán

    In conversation about 5 months ago from mastodon.gal permalink
  2. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Wednesday, 22-Jan-2025 16:06:57 UTC Yovi Yovi
    in reply to
    • O Galdo

    @pcgaldo é que eu non quero estar así toda a miña vida. Todo o mundo quere ter vida e eu non a tiña co horario partido de luns a sábado. Por desgraza xa non sei se darei atopado algo que se adapte ao que quero .
    Sinto todo polo que pasaches, xa vexo que non é o problema no meu sector só 😔

    In conversation about 5 months ago from mastodon.gal permalink
  3. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Wednesday, 22-Jan-2025 15:30:27 UTC Yovi Yovi

    Para a xente que segue chegando nova aquí preséntome:
    Son Yovana. Despois de estudar e traballar no sector da imaxe persoal, dinme de conta que non quero estar nun sector totalmente esclavizado e que só se preocupa por sacarlle cartos a xente, si, dígoo totalmente enserio, nas empresas nas que traballei só importaba iso. Un traballo esclavizado por culpa duns horarios de merda que o único que fan é terte alí un montón de horas, sen ter tempo para ti e chegando mal a casa.

    In conversation about 5 months ago from mastodon.gal permalink
  4. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Wednesday, 22-Jan-2025 15:30:26 UTC Yovi Yovi
    in reply to

    Con case 25 anos sinto que perdín o tempo e agora que estou sen traballar depois dun mes de baixa sigo sen saber qué facer e por onde tirar. Non quero estar toda a miña vida cun horario partido e sen ter tempo para min e para os meus.

    In conversation about 5 months ago from mastodon.gal permalink
  5. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Wednesday, 22-Jan-2025 15:30:25 UTC Yovi Yovi
    in reply to

    E ata a cona de ter que escoitar que a xente nova que non quere traballar. Non é que non queiramos, é que non queremos estar nunhas condicións laborais de merda que só che permiten ir da casa ao traballo e do traballo a casa.

    In conversation about 5 months ago from mastodon.gal permalink
  6. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Wednesday, 22-Jan-2025 15:30:24 UTC Yovi Yovi
    in reply to

    Non conto isto para dar pena, senón para dar visibilidade a moita xente que coma min estudou algo que lle gustaba e se dou conta ao traballar que non é o que lle guste facer ou si, pero por culpa de empresas de merda sinte que non encaixa.

    In conversation about 5 months ago from mastodon.gal permalink
  7. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Wednesday, 25-Dec-2024 10:56:18 UTC Yovi Yovi

    Sabedes máis ou menos o prezo que teñen as pandeiretas tradicionais? É para regalarlle a miña afillada de 3 aniños🥹

    In conversation about 6 months ago from mastodon.gal permalink
  8. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Sunday, 08-Dec-2024 20:11:10 UTC Yovi Yovi

    Que me recomendades ver si ou si por Bilbao e arredores? E xa se me dicides tamén onde comer/tomar algo xa sería marabilloso 🥹🙏🏻

    In conversation about 7 months ago from mastodon.gal permalink
  9. Yovi (yoviiglz@mastodon.gal)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 02:06:47 UTC Yovi Yovi

    A conta de salseo_usc dicindo que Galiza sofre emerxencia lingüística extrema e todo o contido que ten é en castelán 🤡🤡

    In conversation Sunday, 04-Jan-2009 02:06:47 UTC from mastodon.gal permalink

User actions

    Yovi

    Yovi

    A estrutura treme e o futuro latexa.Galiza♀️🤘🏻🎸 :flag_estreleira:

    Tags
    • (None)
    ActivityPub
    Remote Profile

    Following 0

      Followers 0

        Groups 0

          Statistics

          User ID
          73056
          Member since
          8 Dec 2024
          Notices
          9
          Daily average
          0

          Feeds

          • Atom
          • Help
          • About
          • FAQ
          • Privacy
          • Source
          • Version
          • Contact

          Bobinas P4G is a social network. It runs on GNU social, version 2.0.1-beta0, available under the GNU Affero General Public License.

          Creative Commons Attribution 3.0 All Bobinas P4G content and data are available under the Creative Commons Attribution 3.0 license.