Onte tiven unha cita cun tío que non sabe inglés e pareceume tan bonito, tan envexable... un idioma que non estudo dende o instituto pero 20 anos máis tarde teño un C1 simplemente porque tantísima información está en inglés, tantísimos filmes, tantísimas series, tantísima música en inglés. Tantísimas palabras que penso antes en inglés que no meu propio idioma. Oxalá non se-lo fruto dun imperialismo cultural tan profundo. Oxalá saber euskera e non inglés.