Meu pai está hospitalizado dende hai varios días. E ten para un tempo longo tras unha operación complicada. Con todo, e se a cousa evoluciona ben, como parece e agardamos, estarei o mércores 22 de xaneiro na #Coruña para dar unha charla titulada "O #Fediverso contra Goliat". A palestra xorde do artigo que publiquei no último número da revista Luzes, titulado "Descentralizadas e federadas contra os xigantes tecnolóxicos".
https://acalexandreboveda.gal/event/o-fediverso-contra-goliat/
https://revistaluzes.com/2024/12/descentralizadas-e-federadas-contra-os-xigantes-tecnoloxicos/