Bobinas P4G
  • Login
  • Public

    • Public
    • Groups
    • Popular
    • People

Conversation

Notices

  1. Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓 (jelensuperstar@mastodon.gal)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 00:40:33 UTC Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓 Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓

    Houbo unha asignatura do máster que me fixo ver distinto e coller o gusto á historia militar. Que foi Historia Sociocultural da Guerra en Europa. España (1936-1939).

    É moi importante entender as súper estruturas e sistemas e tamén o micro para achegarse á socioloxía e cultura das guerras. Cando cambias o foco e miras cara ás clases traballadoras e subalternas en lugar de velo todo dende o punto de vista dos actores e dirixentes, chegas a entender verdadeiramente o que supón a guerra.

    In conversation Sunday, 04-Jan-2009 00:40:33 UTC from mastodon.gal permalink
    • O Galdo (pcgaldo@mastodon.pcgaldo.com)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 00:40:31 UTC O Galdo O Galdo
      in reply to

      @jelensuperstar Está estudado o processo que leva a guardar um silêncio atroz a quem combateu na fronte? Suponho que será medo, ainda depois de derrotado o regime.

      Nós tínhamos na família um telegrafista republicano que esteve em Astúrias, Cantábria e pensamos que também no Ebro. Nunca nada falou. Só a mulher informou à família de que estivera na guerra, sem dizer o bando. Que era telegrafista e que tinha feridas de metralha polas que estivera ingressado num convento e dado por morto.

      In conversation Sunday, 04-Jan-2009 00:40:31 UTC permalink
    • Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓 (jelensuperstar@mastodon.gal)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 00:40:32 UTC Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓 Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓
      in reply to

      Especialmente nas guerras civís, onde toda a poboación é o obxectivo e a retagarda é outro campo de batalla. Dende logo, comprender o entramado sociocultural dun suceso traumático colectivo é algo moitísimo máis complexo do que entender a enxeñaría militar.

      Pode parecer inocente, pero antes de ler a bibliografía desta materia costábame moito comprender que era o que mantiña a milleiros de soldados na fronte puidendo desertar. Aí está a verdadeira enxeñaría social e política das guerras.

      In conversation Sunday, 04-Jan-2009 00:40:32 UTC permalink
    • O Galdo (pcgaldo@mastodon.pcgaldo.com)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 00:46:48 UTC O Galdo O Galdo
      in reply to

      @jelensuperstar Depois fomos descobrindo que também tinha irmãos e meios irmãos sindicalistas que participaram na guerrilha e alguns formam assassinados.

      In conversation Sunday, 04-Jan-2009 00:46:48 UTC permalink
    • O Galdo (pcgaldo@mastodon.pcgaldo.com)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 05:01:17 UTC O Galdo O Galdo
      in reply to

      @jelensuperstar Migrou nos 50 e voltou nos 80.

      In conversation Sunday, 04-Jan-2009 05:01:17 UTC permalink
    • Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓 (jelensuperstar@mastodon.gal)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 05:01:18 UTC Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓 Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓
      in reply to
      • O Galdo

      @pcgaldo Que interesante. Sabes se estivo preso ou facendo traballos forzados? Moitas veces iso tamén marca moito ese silencio. Pero igualmente, se viviu arrestos de irmaos ou achegados sindicalistas e sobreviviu o suficiente como para ver a evolución e desenvolvemento do réxime incluso ata a transición, é o máis normal. Se quedou no estado español, ese silencio era por supervivencia. Mesmo para a xente que migrou, ese silencio do pasado traumático é o fenómeno máis común (+)

      In conversation Sunday, 04-Jan-2009 05:01:18 UTC permalink
    • O Galdo (pcgaldo@mastodon.pcgaldo.com)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 05:11:16 UTC O Galdo O Galdo
      in reply to

      @jelensuperstar Por aqui razonavam muito com aquilo de que nos dous bandos matavam e que que os crimes mais gordos eram assuntos fora do controle do Estado e que Franco não sabia nada.

      Ainda há pouco me vinha com essas lérias um paisano que anda por volta dos 70 anos. Eu comentei-lhe que saber sabia, porque havia ordens assinadas desde o seu círculo. Também que o que fizeram mui bem foi exterminar mais infundir terror para calar a quem puidesse dizer a verdade.

      In conversation Sunday, 04-Jan-2009 05:11:16 UTC permalink
    • Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓 (jelensuperstar@mastodon.gal)'s status on Sunday, 04-Jan-2009 05:11:17 UTC Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓 Jelen 🇵🇸🏳️‍🌈🪓
      in reply to
      • O Galdo

      @pcgaldo tamén neste caso (nas ditaduras mediterráneas e tamén algunhas de LATAM) non houbo realmente unha compensación nin recoñecemento das vítimas, non houbo xustiza transicional, non existiu un equivalente a unha "desnazificación" nin xuízos contra os crimes de guerra. Ata ben entrada a década dos 1990, o silencio cara o pasado traumático e xenocida do franquismo foi a norma incluso na escritura de historia. A Transición é a perfecta metáfora dese silencio e ese olvido das vítimas.

      In conversation Sunday, 04-Jan-2009 05:11:17 UTC permalink

Feeds

  • Activity Streams
  • RSS 2.0
  • Atom
  • Help
  • About
  • FAQ
  • Privacy
  • Source
  • Version
  • Contact

Bobinas P4G is a social network. It runs on GNU social, version 2.0.1-beta0, available under the GNU Affero General Public License.

Creative Commons Attribution 3.0 All Bobinas P4G content and data are available under the Creative Commons Attribution 3.0 license.