@pcgaldo si, as zonas limítrofes ou da Galiza irredenta teñen unha situación cultural/identitaria ambigua e xeneralmente rexionalista, inda que cada comarca ten a súa historia. Como o Bierzo ten unha identidade galeguista/separatista/provincialista máis forte e con certos movementos sociais e políticos, é moi difícil que a Xunta de Castela e León conceda a cooficialidade do galego en ningún concello. En Lubián (Zamora) concedéronlla por ser unha rexión máis pequena e "tranquila". É unha movida.