isto ven a conto porque nos últimos días vin anuncios de empresa-que-non-vou-dicir na televisión e aberto, horario prime, animando a utilizar os mercados financieiros de cryptomoedas. Un fulano famoso con voz machirula, DESDE UNHA NAVE EN ÓRBITA MARCIANA(!), falando en inglés (para dotar de verosimilitude? para que pareza máis exclusivo?) dicindo, con outras palabras, que unha de cada 100 millóns de persoas fixo conquistas abraiantes. TI ES ESA PERSOA SE TE ATREVES A DAR O PASO (de darnos os teus cartos).
Non informan de nada, lóxicamente, só te animan a "formar parte dese grupo de persoas adiantadas ao seu tempo", a esa "vangarda" de pioneiros na conquista do oeste. As comiñas son miñas, tradución libre.
Vaia, esta metáfora tamén está ben 🤣 se pensamos nos ríos de sangue que sembraron os camiños das Rochosas e as Grandes Pradeiras para que os Roquefeler de turno inventasen o capitalismo as we know it.