Xa saiu o episodio no que participei nun podcast que fan a xentes de Virtual Soul, una asociación do grao de Deseño e Desenvolvemento de videoxogos da Rey Juan Carlos. O podcast está en castelán, pero creo que non ten desperdicio, que sairon cosas boas.
Xente! O sábado 29 de marzo imos facer unha xuntanza godoteira en Vigo gracias as xentes de @galpon. O evento e de balde e libre ata completar o aforo, e farase de 10:00 a 19:30 na Industriosa.
E xa por último, @jsmtux sobeu a presentación que din de como contribuir en #Godot. Tamén tedes un link a presentación, na que está a ligazón ao Weblate por se queredes botarlle un ollo á traducción do proxecto.
Tedes o conteudo do taller de iniciación a #Godot de @maestrapaladin na sua páxina web. Falta a parte improvisada do multixogador coperativo feito na tarde, pero para empezar podedes botarlle un ollo.
10:00 - Apertura 10:30 - Presentación de proxectos 12:00 - Taller "Godot dende 0" por @maestrapaladin 14:00 - Almorzo 16:00 - Charla "Arquitectura para videoxogos RPG en Godot", por @jsmtux@amarinha.gal 17:00 - Charla "Creación de historias para videoxogos", por @lucia_ferro 18:00 - Charla "Godot tamén fala galego", por @nekerafa 19:30 - Q&A 20:00 - Peche
Sei que este sábado hai festas, evento e demais, pero se tedes un oquiño, vide a probar xogos feitos en Godot galegos, falar con outros devs e persoas interesadas e demáis.
Actualizacións do evento de Godot. Ao final por desgraza a xente da fundación non vai poder vir, que están a tope con cousas que están por vir nos próximos meses, polo que perdemos a tarde do venres 26 de xullo. Seguimos con todo o día 27 de xullo e coa mesma programación, charlas, exposición de proxectos e taller de iniciación a Godot. Nos próximos días xa poñeremos un cartaz coas horas finais, e un link para quén queira apuntar a dar a charla.
Porqué hai xente dicindo a es noves usuaries de Linux que non vaian a Ubuntu ou Linux Mint e que proven a facer instalación dende 0 con outras? Tamos parvos ou qué? Non sei, deixade que a xente instale o que queira, xa con dar o paso de deixar fora a Microsoft é suficiente
@Courbet_eiro literal, é xente que esta a dicir de instalar Arch ou similares porque coma Ubuntu ten repos con código privativo, pois xa non é linux ou algo
Son da Coruña, fun aos dominicos e logo estudiei na facultade de informática da Universidade da Coruña. Actualmente traballo coma desenvolvedore en #react e #dotnet. Encántame desenvolver ferramentas e videoxogos con #godot e #love2d.Administradore en https://mastodon.gal (@moderacion). Parella de @CommanderFem (relación aberta) e done de @dongato:flag_estreleira: | 🇪🇭 | 🇵🇸 | ♀️ | :bi_flag_heart: | :nonbinary_flag_heart: | :poly_pride_heart: