Sabedes iso que din de que os esquimais teñen decenas de palabras para denominar a neve? Ben, non é certo, non teñen moitas máis que noutras linguas, mais coido que en Galiza temos máis palabras para dar nome ós distintos tipos de leiras ou terreos que ningunha outra lingua (afirmación non verificada). Eis algunhas: Touza: terreo pechado e con vexetación alta. Avesedo: terreo que non recibe a luz do sol. Pedregullo: terreo cheo de pedras. Boedo: terreo sempre cuberto de auga. ⬇️ #léxico#galego
Cuñados e nadal están máis relacionados do que pensades. Ambas palabras veñen da raíz indoeuropea "gen-"; a variante "gna" máis o sufixo "-sko" da o latín nascor, do que sae nacer, e do participio "nasci-" sae nativitas, que da en lenguas romances nadal, navidad, natale... y cognatus (cum natus), «en parentesco con» ao primeiro, «irmán ou irmá dun dos cónxuxes respecto ao outro» agora. #etimoloxía#cuñados
Tras nove meses de asistencia decote ao ximnasio estou en condicións empíricas de asegurar que o de que a xente, cando remata nunha máquina, modifica o peso co que traballou para deixalo máis alto e que o seguinte pense que levantou máis peso do que realmente levantou, é un mito ou, máis exactamente, unha lenda urbana. E iso provoca que me sinta máis ridículo cando, disimuladamente, o fago eu. #aventurasnoximnasio
137.000€ do erario público por dous fotografías (ultraprocesadas) dos reis de España. Síntome co dereito, xa que algo do retrato paguei cos meus impostos, a pór o meu granciño de area.
Desfágome da miña colección de CD. Son 90 caixas (varias dobres e triples) de música clásica (cunha docena de outras músicas). Antes de subila a plataformas de venda póñoa aquí por se vos interesa. 100€. Entrégoa na zona de Compostela. https://photos.app.goo.gl/4Yq33V15yTMWCn9z6
A ver se alguén o identifica, seguro que é doado, non o fan o Birdnet nin o Merlin. Empeza a cantar na bocanoite e segue até a madrugada. Entorno rural, bisbarra de Compostela.
Seisdedos & Co usan o verbo "prouguer" (na súa tradución do Ulises de Joyce), que non aparece nin no RAG, nin no Estraviz nin no Priberam (portugués). O sentido é o de «gustar» ou «querer», por exemplo traduce a obra de Shakespeare "As you like it" como "Como vos prouguer". Algunha outra vez vira escrito o verbo, mais paréceme raro o seu uso nunha obra de léxico riquísimo, mais case en todos os casos normativo. [Edito: futuro de subxuntivo do verbo "pracer"] #lingua#léxico#galego
"A casa do dragón" sorprendeume positivamente; fáltalle acción e, sobre todo, fáltalle Invernalia, mais souberon manter o nivel da producción de "Xogo de tronos". Nos subtítulos (en castelán) hai algo que non entendo: traducen case sempre os topónimos ou nomes das Casas, como Kingslanding→Desembarco del Rey, mais non outros como Hightower. #series
Deberiamos promover unha petición para que o Estado crease unha instancia de Mastodon oficial e todos os organismos tiveran conta para.difundir información. E de paso que retiraran as contas de redes privativas.
Perdoade que pregunte tanto, mais xa estou funcionando con Manjaro... Tema suspensión automática tras X minutos... O problema é que cando volvo da suspensión a rede desconectouse e para volver conectarme teño que desconectar e conectar outra vez o cable de rede... Sabedes de algunha solución? #manjaro#linux
Profesor [el]. Escribe. Todo é ficción.Blog, podcast e outras ligazóns: https://lacentralita.net/@marcostaracidoCofundou e dirixiu http://librodenotas.com